Auditorio de Ferrol

O Auditorio municipal é a última incorporación ao patrimonio arquitectónico cultural da cidade. É un moderno edificio de 7.000 metros cadrados, con vistas á ría e situado no populoso barrio de Caranza, a carón doutro inmoble importante para a cultura ferrolá, o Conservatorio de Música Xan Viaño. O seu deseño foi froito dun concurso de ideas convocado pola Xunta.

A súa configuración é a dun cubo aparentemente hermético pero moi luminoso, e no seu interior presenta acabados en madeira.

Foi inaugurado en marzo de 2014, coa celebración da tradicional Festa das Pepitas daquel ano, no que coincidía a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Avda. do Mar, s/n. 15406 Ferrol

Teléfono: 981 944 245

Capacidade: 860 espectadores