O centro cívico de Caranza é o punto neurálxico da actividade social e cultural deste barrio. Nel teñen a súa sede a Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar, a Asociación de Mulleres Barrio de Caranza e a entidade Max Teatro. Conta tamén cunha área de servizos sociais descentralizados que presta a institución municipal directamente en Caranza.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Avda. Castelao, s/n. 15406 Ferrol
Teléfono: 981 944 189
Horario:
Luns a venres de 9.00 a 14.00 h.
Inverno (1 de outubro a 31 de maio): Luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas.
Os sábados e domingos abre a demanda solicitando a autorización á Concellería de Cultura.