Centro Cultural Carvalho Calero

O centro cultural Carvalho Calero presta servizo no barrio do Ensanche A (Praza do Inferniño) desde o ano 1993. O edificio leva o nome do profesor Ricardo Carvalho Calero, Fillo Predilecto de Ferrol e autor de numerosa obra de narrativa, ensaio e teatro. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas no ano 2020.

O edificio dispón dun auditorio e unha sala de exposicións entre outras instalacións e normalmente é sede de cursos destinados aos veciños e veciñas do barrio, xa que a entidade veciñal do Ensanche A ten nel o seu local. Tamén utiliza estas dependencias como sede social a Agrupación Folklórica e Cultural Terra Meiga e é o lugar habitual de ensaio das representacións teatrais da Asociación Amistad de Santa Mariña.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Praza do Inferniño s/n. 15403 Ferrol

Teléfono: 981 944 186

Horario:
Luns a venres de 9.00 a 14.00 h.
Inverno (1 de outubro a 31 de maio): luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas.

Os sábados e domingos abre a demanda solicitando a autorización á Concellería de Cultura.