Déborah Vukusic explora neste proxecto as galerías da natureza humana nun “ritual xamánico e de espido emocional”. Fala da necesidade de ser querida, a sublimación do trauma a través da arte ou a sublimación da dor a través do humor, a sede por crer ou a necesidade da xustiza e da xustiza poética entre outras moitas cousas. Unha viaxe cómica e reflexiva, emocional e rockeira. O título fai referencia á cantidade de diñeiro que lle estafan á protagonista, fan de Nick Cave, facéndose pasar por el nas redes sociais.
Compartir este evento