Exposición “Carlos Muiños: Disparando cos meus ollos”

Na Sala de Proxectos do Torrente Ballester do 28 de abril ao 11 de xuño

A fotografía de retrato é sido o xénero fotográfico de referencia de Carlos Muiños, a través do que mostra a súa necesidade de capturar as características e peculiaridades propias das persoas, utilizando a luz, o fondo, as poses, a técnica ou a propia composición, outorgándolle á persoa retratada o papel inescusable de protagonista con tódalas súas consecuencias.

Aínda que, nas súas publicacións en redes sociais abundan os proxectos relacionados con contornas naturais, escenas urbanas ou outras de índole máis artística ou versadas sobre calquera outra temática, sempre comparten o mesmo denominador común, o protagonismo das persoas. A interacción entre a persoa obxecto do retrato e a contorna ou marco seleccionado, buscando sempre esa fusión ou integración natural e espontánea dentro do alcance da escena.

Catálogo

Descargar PDF
Compartir este evento
Detalles do Evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións
Detalles do Evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións