Sala Álvarez de Sotomayor/Sala de Proxectos. Centro Torrente Ballester
31 de xaneiro a 16 de abril de 2023
A exposición proposta, Da realidade á abstracción, aborda a última decada de traballo do artista e contará con máis de 400 obras entre pintura e escultura. Dende unha representación case realista da realidade, da paisaxe, ata a simplificación da representación, chegando á liña máis pura como simplificación da forma. Esta evolución nas formas estará representada por máis de trescentas obras pictóricas na Sala Álvarez de Sotomayor.
Na Sala de Proxectos estará o resto de obras que compoñen a exposición. Máis de setenta obras que son froito do traballo dos dous últimos anos, máis dirixido cara o deseño e otraballo coas liñas e as formas puras, experimentando coa cor e os contrastes. Nesta sala estará presente tamén a súa última obra escultórica, realizada sobre panel de plástico e pintada en parte o desenrolo da cidade ideal; ademais de seis esculturas de aceiro que son as súas últimas obras realizadas.