O coñecemento da figura de Manuel Patinha ven dado, sen dúbida pola súa faceta escultórica. Sen embargo, é imposible desligar esta do resto da súa produción artística; pintura, debuxo, gravado e poesía forman parte da súa produción e da súa vida dende os seus inicios como artista ata a actualidade. A revisión da súa obra proporciónanos unha serie de claves que nos permiten abordar con outra visión, entender o porqué dos seus traballos tridimensionais.
Este é o obxectivo da exposición a realizar no Centro Torrente Ballester: lembrar nalgúns casos, dar a coñecer noutros, a súa obra pictórica, a gráfica e a menos coñecida de todas, a fotográfica, a través de cinco das salas do CTB.