Exposición “María Maquieira. Albion”

Na Sala Bello Piñeiro do 31 de marzo ao 14 de maio

María Maquieira (A Coruña, 1985) é unha artista de formación multidisciplinar que utiliza diversas técnicas e linguaxes como a colaxe, o debuxo, a pintura, a filosofía, a escritura e o pensamento como ferramentas; na súa obra aprécianse numerosas influencias, inspiracións e distintas percepcións do mundo.

Albion, título desta mostra, é tamén o nome dun personaxe da mitoloxía de William Blake, precisamente quen representa a imaxinación como a vía máis importante para levar ao home á súa propia harmonización. Xa que logo, a presente exposición é un canto á imaxinación, un percorrido por varios dos seus proxectos e colaboracións nos que se evidencia o espírito libre e crítico desta creadora. Trátase dun conxunto de obras en pequeno formato, acorde co carácter nómade da artista, que se engrandecen ante o espectador proxectando un universo moi particular que o rodea por completo.

Catálogo

Compartir este evento
Detalles do Evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións
Detalles do Evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións