O Festival Atlántica de Narración Oral desenvolverase en tres xornadas co seguinte programa:
Xoves 4. Roteiro pola escultura urbana con Guillermo Llorca (19:00 desde a biblioteca ) e a portuguesa Ana Sofía Pavía cos seus «Contos, cantos» (21:00 no parque). Para os máis novos, os Xogos Musicais de Luis Prego e Samuel Soto (12:00, na biblioteca).
Venres 5. Ruta «A muller no progreso de Ferrol», guiada por Esperanza Piñeiro de San Miguel, con saída ás 19:00 desde a praza de Armas, e ás 21:00 no parque «Tralalareira», de Vero Rilo e Santi Cribeiro. O público infantil poderá gozar do espectáculo «Burromaquia», de Inacio Vilariño (12:00, na biblioteca).
Sábado 6. «Unha chea de contos», con Avelino González (21:00, no parque) e para o público infantil e familiar «Mares de contos», de Raquel Queizás, ás 12:00 na biblioteca.