Pretende rescatar do esquecemento ás máis de 900 mulleres e homes exterminados polo fascismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal polo único delito de ser afíns á legalidade republicana, á liberdade e á democracia. 1936-1975 En Galicia apenas houbo guerra, pero si represión sistémica orquestrada de forma oficial polos golpistas que derivaron en horrendos crimes contra todo opositor tanto durante a guerra civil como ao longo dos 40 anos que durou o franquismo. Unha ditadura sórdida que tiña atenazada á poboación. O acto do día 28 de abril no teatro Jofre ten por finalidade homenaxear ás vítimas.
Compartir Este Evento