Exposición «Mauro Trastoy e Pablo Barreiro: Mais outra vez máis»

Do 12 de maio ao 13 de agosto na Sala Álvarez de Sotomayor

O corpo de obras que formarán parte do proxecto MÁIS UNHA VEZ MÁIS teñen coma punto de partida o movemento modernista da arquitectura ferrolá. As singulares solucións que caracterizan os elementos decorativos das fachadas de principios de século XX.

No traballo de Mauro Trastoy e Pablo Barreiro entrecrúzanse certos exercicios e xestos comúns; maneiras de pensar e actuar con relación aos materiais. A busca dun pensamento circular e ensemismado que reflexa un traballo de repeticións, series e módulos. Atar, colar, encher, copiar. E Repetir.

Abarcando múltiples solucións nos que a pegada da manualidade reflexa unha busca polo errático dentro dunha ontoloxía preciosista.

O erro ocupando o tempo entre a excepción e a regra.

Programación Expositiva Torrente Ballester

Martes e sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.horas

Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas. Luns pechado

Compartir Este Evento
Detalles del evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións
Detalles del evento
  • Localización
    • Centro Cultural Torrente Ballester
  • Categoría
    • Exposicións