Os xoves da Capela
Camille Hedouin (Mounqup) é unha creadora de música, vídeo e cantante francesa afincada en Galicia á que se coñece xa como a Björk galega. Co galego como idioma ofrece música electrónica de pop experimental catártica e persoal. Mounqup, gañadora do premio “Fran Pérez, Narf “ da Deputación da Coruña no 2017, destaca na nova onda de creadores e creadoras que teñen a idiosincrasia galega como inspiración.
Compartir este evento