Ferrol en Danza
Os coreógrafos Esther Latorre e Hugo Pereira desenvolven xuntos a súa faceta máis creativa a través da compañía de danza Colectivo Glovo. O espectáculo Tabú, que conta co apoio do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego, céntrase nas diferentes traxectorias vitais femininas a través de cinco protagonistas diferentes. Antes de comezar o espectáculo entrégaselle a cada persoa do público unha tarxeta co nome de cada unha destas mulleres para conseguir unha identificación con ela.
Compartir este evento