As meninas de Canido

Desde 2008 desenvólvese na primeira fin de semana de setembro o festival de arte urbana As Meninas de Canido, unha iniciativa que naceu da man do artista Eduardo Hermida que conta coa colaboración do Concello de Ferrol e que ten o obxectivo de transformar o barrio, evitar o seu abandono e convertelo nun referente cultural enchendo as súas paredes de diferentes interpretacións do cadro de Velázquez. O evento conta coa participación de artistas nacionais e internacionais da pintura, o graffiti e o mural e complétase cun programa de actividades culturais de todo tipo.

Máis información:

https://visitferrol.com/ruta-de-las-meninas/

https://www.facebook.com/meninasdecanido

https://www.instagram.com/meninasdecanidoficial/