As Pepitas

A festa popular das Pepitas, hoxe declarada de Interese Turístico Galego, é unha tradición que se remonta a principios do século XX. A noite véspera do Día de San José, as rondallas saen coas súas guitarras, bandurrias e mandolinas a cantar polas rúas como homenaxe ás mulleres ferrolás. Cada agrupación ten a súa madriña, e xuntos participan nun acto institucional organizado polo Concello, para despois realizar unha actuación conxunta e, unha vez rematada, percorrer as rúas coa súa música tal e como se facía antigamente.

Máis información:

https://visitferrol.com/noche-de-las-pepitas/