Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”

O Concurso de Piano Cidade de Ferrol comezou no ano 1984, baixo a denominación de “Gregorio Baudot”. Na actualidade é de carácter internacional e ten máis que avalado o seu prestixio, tanto polo xurado que decide os premios como polo nivel dos propios concursantes. A última edición tentou máis que nunca buscar a implicación da cidade co certame, ata o punto de que moitos dos participantes foron aloxados en vivendas particulares. Tamén houbo ensaios e interpretacións ao aire libre, en concreto na praza de Armas.

Máis información:

http://www.pianoferrol.com