Festea é un festival teatral organizado polo Concello de Ferrol e dirixido á infancia. Cada ano desde 2016 reúne as mellores compañías españolas e portuguesas de teatro de monicreques e obxectos. As representacións son de balde e a súa finalidade é introducir aos máis pequenos no fascinante mundo do teatro para que aprendan a amar esta forma de arte. Festea pertence á Rede de Festivais Internacionais de Teatro de Títeres e Obxectos de Outono. O coordinador da iniciativa é o director e educador teatral Plamen Dipchikov.
Máis información: