Fóra do mapa

Fóra do mapa é un festival de artes escénicas que o Concello de Ferrol desenvolve desde 2016 e ten como característica principal que todas as súas actividades celébranse en espazos da ciudade apartados dos escenarios habituais e a miúdo descoñecidos. Trátase de poñer en valor o patrimonio da cidade precisamente organizando actividades culturais neses lugares descontextualizados. Entre as iniciativas que se desenvolven no marco deste festival destacan as relacionadas co microteatro. A directora artística do proxecto é a polifacética Cristina Moreira, actriz, directora, cómica, presentadora… , responsable do enfoque innovador que é o sinal de identidade da proposta.

Máis información:

https://www.facebook.com/festivalforadomapa

https://www.instagram.com/foradomapa/