A capela do centro cultural Torrente Ballester é o escenario no que se desenvolve dous xoves ao mes o ciclo Os Xoves da Capela, un programa de actuacións que ten como obxectivo dar visibilidade preferente aos grupos da escena local e galega. Os concertos de grupos de Ferrolterra son gravados en vídeo, editados e entregados aos músicos para que poidan empregalos como material promocional.