Antigo Hospicio

Este edificio de estilo neoclásico foi construído entre os anos 1800 e 1830 e conta cun patio interior que funciona como distribuidor cara ás distintas estancias. Está situado na rúa Méndez Núñez e a parte que dá á praza de Amboage foi, no seu día, sede do Casino. Cando este se trasladou ás súas actuais instalacións, o inmoble reconvertiu o seu uso e pasou a ser un hospicio, nome co que aínda se coñece hoxe.

Entre o 2011 e o 2014 foi obxecto dunha remodelación e desde entón é sede de varias entidades, moitas delas vinculadas á cultura. A Sociedad Filarmónica Ferrolana, a Asociación Cultural Medulio, o Club de Prensa e a Sociedad Artística Ferrolana comparten espazo con Adega, a Asociación de Veciños da Zona Centro e a Inspección Técnica de Edificios do Concello, sendo habitualmente utilizado tamén para os ensaios da banda da Confraría de Dores.

O seu salón de actos está a disposición das diferentes asociacións, previa petición ao Concello.

Compartir Este Espacio
Venue Details
  • Dirección
    Méndez Nuñez, 11. 15401 Ferrol
Venue Details
  • Dirección
    Méndez Nuñez, 11. 15401 Ferrol
Venue Map