Arquivo Municipal

O Arquivo Municipal custodia e conserva os documentos producidos e recibidos polo Concello de Ferrol desde o século XVIII ata a actualidade, aínda que conta con algún anterior, concretamente do século XIV. Este servizo constitúe a memoria escrita máis próxima e directa da historia da cidade, sendo testemuña da propia administración e da xestión do Concello e fonte primaria para a interpretación, construción e estudo da historia local. O arquivo vela igualmente pola integridade, preservación e difusión do patrimonio documental do municipio de titularidade pública, procurando tamén o ingreso de documentos privados.

Os fondos públicos do arquivo correspóndense maioritariamente coa administración local do Concello de Ferrol aínda que tamén hai documentación dos antigos Concellos da Graña e Serantes, así como da Fiscalía de Vivenda dependente da Administración Central. Custódianse así mesmo os documentos da Fundación Benéfica Ramón Pla e os arquivos persoais de Goy da Silva e Vicente García-Lastra Rivera. Toda esta documentación reúnese en máis de 13.000 caixas e máis de 4.000 libros.

Os servizos que se prestan son: información oral e escrita; préstamo ás oficinas do Concello; consulta en sala, con capacidade para 10 persoas, e asesoramento sobre a historia e evolución do Concello.

Dispón ademais dunha pequena biblioteca especializada en arquivística, Dereito, historia das institucións e historia da cidade, que funciona como apoio nos traballos técnicos do servizo de Arquivística e para consultas de investigadores, previa solicitude.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Pazo Municipal. Praza de Armas, s/n

Teléfono: 981 944 185

Correo electrónico: arquivo@ferrol.es

Enlace á base de datos do arquivo: http://www.ferrol.es/arquivo/index.asp#acceso

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
Detalles do Espazo
Mapa de Eventos