Centro Cívico de Canido Pérez Parallé

O centro cívico de Canido é un espazo cultural e social para uso dos veciños e veciñas de Canido, onde teñen a súa sede a Asociación Veciñal do barrio, a entidade sociocultural Muíño do Vento e a emisora Radio FilispiM, que autoxestionan estas instalacións de forma coordinada. Dentro da súa filosofía de ser un espazo aberto acolle tamén a sede dos coros infantís Concerto Tempiño e Concerto Novo; o grupo de música xuvenil Quenindiole; a asociación Manaia; a escola de danza tradicional Mario Escudero da asociación Donas e Galáns e a asociación de Capoeira Luandé. No centro funciona tamén unha Agrupación Intrabarrial constituída a comezos de 2018 como grupo de traballo que suma todas as forzas que están a traballar no barrio en diferentes ámbitos (veciñal, social, cultural, asistencial, comercial, hostaleiro, deportivo, educativo, etc.)

Ademais, cédese habitualmente espazo a diferentes colectivos como Cruz Vermella, a Asociación de Persoas Xordas ou o colectivo Ferrolterra de Zanfoña para desenvolver as sús actividades.

O centro cívico comezou a funcionar no ano 2017 e leva o nome do poeta Xosémaría Pérez Parallé, Fillo Predilecto de Ferrol, e conta con varias salas polivalentes.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Poeta Pérez Parallé, s/n. 15401 Ferrol.

Teléfono: 637 081 888

Horario: De luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 20.00 horas

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Poeta Pérez Parallé, s/n. 15401 Ferrol
  • Teléfono
Detalles do Espazo
  • Dirección
    Poeta Pérez Parallé, s/n. 15401 Ferrol
  • Teléfono
Mapa de Eventos