Centro Cívico de Caranza

O centro cívico de Caranza é o punto neurálxico da actividade social e cultural deste barrio. Nel teñen a súa sede a Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar, a Asociación de Mulleres Barrio de Caranza e a entidade Max Teatro. Conta tamén cunha área de servizos sociais descentralizados que presta a institución municipal directamente en Caranza.

É sede do veterano ciclo teatral “Domingos a Escena” organizado polo Concello e habitualmente desenvólvese nel unha intensa actividade cultural, moita dela organizada pola propia entidade veciñal, pero tamén constitúe un espazo de reunión para o movemento asociativo. Dispón dun salón de actos e dunha biblioteca, temporalmente pechada pola pandemia.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Avda. Castelao, s/n. 15406 Ferrol

Teléfono: 981 944 189

Horario: Inverno (1 de outubro a 31de maio): Luns a venres de 10.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Verán (1 de xuño a 30 de setembro): Luns a venres de 9:00 a 14:00

Compartir Este Espacio
Venue Details
  • Dirección
    Avda. Castelao, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Venue Details
  • Dirección
    Avda. Castelao, s/n. 15406 Ferrol
  • Teléfono
Venue Map