Centro Cultural Torrente Ballester

O centro cultural Torrente Ballester dedica a súa actividade á difusión e promoción das artes plásticas, especialmente a arte contemporánea, cunha programación pluridisciplinar.

Está situado no barrio da Magdalena, nun edificio construído no 1783 como sede do Santo Hospital de Caridade, función que cumpriu ata 1983. O deseño é unha obra de Dionisio Sánchez Aguilera que se levou a cabo a través de donacións para facer fronte ás necesidades da vila en materia sanitaria.

Rehabilitado para uso cultural no ano 1993, estreouse o 13 de marzo daquel ano cunha exposición sobre a vida e obra de Concepción Arenal titulada “A la virtud, a la vida, a la ciencia!”

Conta con catro salas de exposicións:

Sala de proxectos. Situada na parte dereita do patio desde a entrada, é unha sala abovedada con ladrillos de obra, con 70 metros cadrados de superficie (38 metros lineais para exposicións) e que se dedica fundamentalmente a mostras de fotografía.

Salas Fernando Álvarez de Sotomayor e Maruja Mallo. Son dúas salas situadas fronte á porta da entrada, atravesando o patio, que se consideran unha a efectos de montaxe de exposicións. Abarcan conxuntamente 500 metros cadrados (máis de 160 metros lineais para exposicións) e dedícanse, pola súa estructura diáfana, a arte contemporánea, incluíndo a escultura. Nelas adoitan celebrarse mostras antolóxicas ou en proceso de artistas consolidados.

Sala Felipe Bello Piñeiro. Atópase na planta baixa da zona vella, á esquerda da entrada. Caracterízase polos seus teitos altos e conta con 137 metros cadrados (48 metros lineais para exposicións) con gran versatilidade en canto ao seu uso. Acolle tanto exposicións de artistas emerxentes locais como mostras de temática xeneralista.

Salas Julia MInguillón, González Collado e lucernarios. Están situadas na primeira e considéranse de xeito conxunto porque nelas expóñense de forma permanente os fondos artísticos do Concello de Ferrol. En total ocupan 267 metros cadrados, aínda que de momento só estarán abertos 177 (98 metros lineais para exposicións).

Para a presentación de propostas de exposicións hai que se dirixir ao correo electrónico didactico.torrente@ferrol.es

O centro cultural dispón ademais dun espazo anexo -a antiga capela- no que se desenvolven actividades culturais en pequeno formato, como os concertos dos Xoves da Capela, representacións teatrais, conferencias ou presentacións de libros, entre outras.

FICHA TÉCNICA

Dirección: R/ Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol

Teléfono: 981 944 187

Capacidade: 173 espectadores no auditorio da capela

Horario: Inverno (1 de outubro a 31 de maio): De martes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.30 a 14.00. Luns pechado.

Verán (1 de xuño a 30 de setembro) De martes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 19.00 a 21.00. Domingo de 11.30 a 14.00. Luns pechado.

Entrada gratuíta

Compartir Este Espacio
Venue Details
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Venue Details
  • Dirección
    Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
  • Teléfono
Venue Map
Events of the Venue
Puede que también te gusten estos eventos.
  • Teatro de monicreques
24 de noviembre de 2024
12:30
Compañía: Títeres Alakrán (Galicia) Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é...
  • Capela do Torrente Ballester
Gratis
  • Literatura e cine
26 de diciembre de 2024
20:30
A adaptación de Zoltan Korda da novela de Rudyard Kipling pasou á historia do cine polo seu innovador uso do Tecnicolor e uns efectos visuais impresionantes para o ano 1942. Sabu, o actor protagonista, realizou ademais moitas esceas con animais...
Próximamente
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Gratis
  • Recital
  • Recital
28 de noviembre de 2024
20:30
Neste espectáculo multidisciplinar, a poeta Lara Dopazo, a cineasta Adriana Páramo e o guitarrista Rafa Fernández levan os seis poemas galegos de Lorca aos territorios de vangarda, o spoken word, a vídeopoesía e o post-rock. En este espectáculo multidisciplinar, la...
Próximamente
  • Centro Cultural Torrente Ballester
Gratis