Teatro Jofre

O teatro Jofre é un dos edificios máis representativos da cidade e un espazo cultural emblemático, non só para Ferrol senón para toda Galicia. Situado no barrio da Magdalena, foi inaugurado no ano 1892, froito dun proxecto que durante vinte anos pasou polas mans de diferentes arquitectos municipais e no que a contribución económica de Joaquín Jofre y Maristany resultou decisiva para desbloquear os problemas financieiros da súa construción. Como mostra de agradecemento, o teatro leva o nome deste ferrolán que fixo fortuna na Arxentina. No acto inaugural, o 19 de maio, representáronse o clásico de Calderón de la Barca “El alcalde de Zalamea” e o divertimento cómico de Vital Aza “El sueño dorado”.

O interior do teatro responde a un estilo clasicista. A tremoia encargouse ao maquinista e arquitecto Egidio Piccoli e a ornamentación da sala foi obra do escenógrafo Giorgio Busato e o pintor Bernardo Bonardi, polo que a influencia italiana é clara. Nove anos despois da súa inauguración, o arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro deseñou unha nova fachada de estilo modernista -a que ten o edificio na actualidade-, de xeito que a riqueza da ornamentación interior tivese unha correspondencia no exterior, ata entón de aspecto máis sobrio.

O edificio foi adquirido polo Concello de Ferrol no ano 1994 e no 2001 deron comezo unhas obras de rehabilitación, con proxecto do arquitecto Rafael Baltar, que incluíron a construción dunha galería na parede sur do teatro con vistas ao dique da Campá. Reabriu ao público en decembro de 2005 cunha actuación da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Vídeo sobre a historia do teatro aquí (documental de Localia TV)

Ademais de acoller os seus propios espectáculos, na billeteira do teatro Jofre sitúase o punto de venda anticipada de entradas para outros espazos culturais da cidade.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Praza de Galicia, s/n. 15401 Ferrol.

Teléfono: 981 944 245

Capacidade: 522 espectadores

Horario de venda de entradas (inverno): De martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00. Sábados, domingos e festivos de función abre pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dúas horas e media antes do comezo do espectáculo.

Horario de venda de entradas (verán): Do 1 de xullo ao 15 de agosto estará pechado. Do 16 ao 31 de agosto abrirá de martes a venres de 11.00 a 13.00.

Compartir este espazo
Detalles do Espazo
Detalles do Espazo
Mapa de Eventos
Eventos do espazo
Pode que tamén che gusten estos eventos.
  • Música clásica
15 de Novembro de 2024
XXXIV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, que se prolongará ata o 22 de novembro. Máis información aquí XXXIV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, que se prolongará hasta el 22 de noviembre. Más información aquí
  • Auditorio
  • Teatro Jofre
  • Danza
19 de Decembro de 2023
20:00
Mostra do traballo realizado polas nenas e nenos da Asociación Seven and en danza clásica, moderna, jazz, hip hop e contemporáneo no primer trimestre do curso 2023/2024. Todos os públicos.